Confederación Galega de ANPAS está integrada polas Federaciones de ANPAS legalmente recoñecidas e admitidas.

Fins 

  • Promover e defender o dereito que asiste a todos os pais á elección do centro escolar e a que os seus fillos reciban a educación que desexan de acordo coas súas propias conviccións morais, relixiosas, filosóficas e pedagóxicas sen máis limites que os impostos polo ordenamento constitucional.
  • Establecer relacións de entendemento e colaboración entre todos os membros da Comunidade Educativa.
  • Excluír das súas accións todo matiz político, sectario ou partidista.
Respecto do seus socios
  • Promover, impulsar, orientar, coordinar e representar ás Asociacións de Pais de Alumnos nela integradas, en orde á defensa e exercicio dos seus dereitos e o mellor cumprimento dos seus deberes, como responsables da educación dos fillos.
  • Prestar ás Asociacións Federadas o asesoramento, a colaboración e a axuda que necesiten e sexa posible para a realización dos seus fins.
  • Promover a constitución de ANPAS en todos os Centros de Ensino.
  • Respectar a personalidade xurídica e a esfera de acción das Asociacións integradas nela, non intervindo na súa vida interna, aínda que, co fin de orientar a súa actuación poderá establecer normas de carácter xeral que permiten conservar a unidade de criterio e proxección exterior.
  • Intervir en todos os órganos de participación do ámbito educativo.

 

Representación

A nivel municipal

As Federacións de ANPAs están integradas no Consello Escolar Municipal, onde se debaten e aproban iniciativas educativas no ámbito local:

  • Zonas de escolarización
  • Actividades extraescolares
  • Programas educativos municipais
  • Axudas de carácter persoal e social

A nivel autonómico

CONGAPA ten representación no Consello Escolar de Galicia onde se debaten todas as iniciativas lexislativas e no Consello para a Convivencia Escolar de Galicia. Así mesmo establécese interlocución coa Consellería de Educación en diversas cuestións educativas.

 

Posición de CONGAPA

O Artigo 27 da Constitución indica que os poderes públicos han de garantir o dereito dos pais para que os seus fillos reciban unha educación de acordo ás súas propias conviccións.

A existencia de modelos educativos distintos nunha sociedade plural é un elemento indispensable para conseguir unha educación de calidade.

As administracións públicas deberán realizar unha planificación escolar en función da demanda real dos pais e velar porque as familias poidan satisfacer o dereito á libre elección.

A nivel municipal

1. Zonas escolarización

Simplificación dos mapas escolares a efectos de admisión de alumnos, co fin de que cada familia poida ter varias opcións de elección de centros concertados na súa zona de residencia para garantir a liberdade real de elección de centro educativo. 

2. Actividades extraescolares, programas educativos municipais.Ayudas de carácter persoal e social

Defender que as axudas para actividades extraescolares que proveñen do erario público sirvan para axudar a aquelas familias que acrediten necesidade, con independencia da titularidade do centro no que os alumnos estean escolarizados.

A nivel autonómico

1. Liberdade de ensino e de elección de centro

Defensa do dereito dos pais para elixir o centro e o tipo de educación que queren para os seus fillos conforme ás súas propias conviccións morais, filosóficas, relixiosas e pedagóxicas o que esixe unha pluralidade na oferta en igualdade de condicións e cos mesmos recursos públicos.

2. Alumnos con necesidades específicas de apoio educativo

Reclamar para todos os centros sostidos con fondos públicos que o necesiten, os profesionais, os programas específicos e os recursos e medidas de reforzo necesarios para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, con independencia da titularidade do centro.

3. Calidade educativa

Participación nos programas de calidade educativa en condicións de igualdade.

4. Gratuidade de toda a educación non universitaria

Garantir a gratuidade da educación en todos os niveis no respecto á liberdade de elección de centro educativo sen condicionantes económicos e así evitar o cambio de proxecto educativo.

5. Recursos

Garantir que todos os centros reciban, en igualdade de condicións, os recursos necesarios para atender á poboación escolar. Os concertos, ou calquera outro sistema de financiamento, han de ter en conta a demanda das familias e responder na súa contía aos custos reais do ensino. 

6. Conciliación vida familiar

Establecemento dun permiso laboral para atender titorías. Os pais debemos participar activamente no proceso de formación dos nosos fillos, colaborando coa escola no marco do carácter propio do centro.

7. Comedores escolares

Reclamar para as familias axudas para comedores escolares.

8. Participación

Reforzar a implicación das familias no proxecto educativo de cada centro.

Promover actividades de formación das familias para favorecer o seu compromiso, participación e implicación coa educación, facilitando a súa conexión cos centros educativos.

Dotación económica digna, de maneira que lles permita prestar un mínimo servizo aos seus asociados..